|
alkionehoxe/poesía
Francisco Xosé Domínguez
Acordo
submerso no
entullo
do
rañaceus que
erguín aquela noite
seica
os alicerces
eran febles
e a
terra un
lameiro fondo
no que
chiaban as
cegoñas.
A
cidade é un
abeiro roto
por
centos de
milleiros de megavatios,
por
rúas que
chegan as autoestradas
da man
dunha
prostituta famenta.
O mundo
vira mais
amodo
do que
o tempo
corre nos nosos peitos.
A morte
ven as
caladas
a
perguntar por
nos.
|